Ir o contido principal

SpainSkills 2026


Participación de Martín Souto Fernández en SpainSkills 2026 – Electrónica

O noso alumno Martín Souto Fernández está a representar ao centro na edición 2026 de SpainSkills 2026, que se celebra no recinto IFEMA de Madrid entre o 24 e o 28 de febreiro de 2026. Trátase da competición estatal de Formación Profesional organizada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, na que estudantes de toda España participan en probas prácticas de alta esixencia para demostrar as súas destrezas técnicas e profesionais. 

Martín acode a esta cita tras resultar medalla de ouro na especialidade de Electrónica nas GaliciaSkills 2025, logro que lle outorgou a clasificación para participar na fase estatal. 

Na modalidade de Electrónica, as probas céntranse no deseño, montaxe, programación e verificación de sistemas electrónicos complexos, combinando coñecementos teóricos con habilidades prácticas aliñadas coas demandas actuais do sector tecnolóxico actual. 

Desde o centro queremos expresar o noso orgullo por esta participación e a nosa plena confianza no excelente traballo realizado. Así mesmo, queremos agradecer ao profesorado que participou na súa preparación a dedicación e o compromiso que fan posible este tipo de logros. Sexa cal for o resultado final, o esforzo conxunto xa constitúe un motivo de satisfacción para toda a comunidade educativa.

Redes sociais