Ir o contido principal

Semana da Educación Financeira


✨ TOMA O CONTROL DAS TÚAS FINANZAS! 💰📊

No CIFP Politécnico de Santiago sumámonos un ano máis á Semana da Educación Financeira, organizada polo Banco Santander e patrocinada polo Banco de España e a CNMV, baixo o lema «AFORRA. INVISTE. AVANZA.» 💡

📚 O alumnado de 1.º curso participou nesta iniciativa para adquirir coñecementos e ferramentas clave para xestionar mellor o seu diñeiro e tomar decisións financeiras responsables.

✔️ Xestión e consumo: aprender a controlar os gastos, xestionar os ingresos e comprender o funcionamento da banca en liña.
🔐 Seguridade e prevención: identificar fraudes e estafas, coñecer as claves para realizar compras seguras en liña e comprender os riscos asociados aos criptoactivos.

🚀 Porque aprender a xestionar o teu diñeiro tamén forma parte da túa formación profesional.

Redes sociais