Ir o contido principal

Roteiro Cooperativo 2024


O alumnado de 2º CS LACO e 2º CS DESAMO participa no Roteiro Cooperativo 2024

O pasado 24 de setembro, o noso alumnado de 2º CS LACO e 2º CS DESAMO do CIFP Politécnico de Santiago tivo a oportunidade de participar na Terceira Edición do Roteiro Cooperativo, unha iniciativa organizada por EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela

A actividade, consistente nunha ruta guiada pola cidade, permitiu coñecer de primeira man 4 cooperativas referentes en Santiago: Númax, Almazen de Yoga, Creativas Galegas e o Conservatorio Histórico de Santiago. Durante o percorrido, os estudantes achegáronse ao cooperativismo e á economía social, identificando cooperativas locais que forman parte do día a día da cidadanía compostelá. 

Este roteiro foi unha excelente oportunidade para o noso alumnado de experimentar de maneira práctica e amena o autoemprego colectivo e descubrir novas perspectivas de emprendemento na economía social. 

Agradecemos a EspazoCoop e ao Concello de Santiago pola organización desta actividade que enriquece o noso programa formativo.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais