Ir o contido principal

Roteiro cooperativo

O pasado martes, 7 de outubro, o noso alumnado de 2º curso dos Ciclos Superiores de Laboratorio de Análise e Control de Calidade e de Química e Saúde Ambiental participou na actividade Roteiro Cooperativo_2025, organizada por @espazocoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela.

Esta iniciativa propón unha forma diferente e práctica de achegar o emprendemento cooperativo ao alumnado, a través da visita a diversas cooperativas da cidade. Durante o percorrido, o noso estudantado puido coñecer de preto experiencias reais de economía social, cooperativismo e iniciativas locais comprometidas co territorio.

As cooperativas participantes nesta edición foron:
🎬 @numaxsantiago (cinema)
🧘 @almazendeioga (centro de ioga)
🛍️ @creativasgalegas (tenda de marcas culturais)
🎵 @conservatoriohistorico (escola de música)
🎨 @cestola_na_estrada (muralismo, pintura e ilustración)

Grazas a todas elas por abrir as súas portas e compartir o seu traballo co noso alumnado. Unha experiencia inspiradora que amosa o valor do cooperativismo e da economía social no noso entorno.

Redes sociais