Reunións informativas Erasmus+
Durante as próximas semanas celebraranse as reunións informativas do programa Erasmus+ dirixidas ao alumnado de ciclos medios e superiores, tanto de réxime ordinario como dual.
Consulta no calendario a data e o horario correspondentes ao teu ciclo. Todas as reunións terán lugar na aula 25.
Infórmate e descubre as oportunidades que Erasmus+ che ofrece para vivir unha experiencia formativa en Europa.