Reseña da actividade de procura de emprego
Reseña da actividade de procura de emprego | |
---|---|
![]() | O xoves 18 de febreiro en xornada de mañá e tarde, a consultora especialista en Recursos Humanos da Coruña Extend impartiu senllas charlas ao alumnado de 2º ano que proximamente comezará as súas prácticas en empresa. |
Ao evento, que tivo carácter voluntario, asistiron un total de 150 alumna/os e tratáronse dunha maneira práctica aspectos tan importantes como estar preparados ante preguntas comúns nas entrevistas de traballo, que dicir e que non dicir, linguaxe non verbal, aprender a redactar correctamente un curriculum e as últimas tendencias na súa presentación. Tamén se abordou, entre outros aspectos, a proliferación de ofertas de traballo na internet en prexuízo dos métodos tradicionais comentando as webs máis importantes de procura de emprego. Os asistentes destacaron o seu carácter ameno durante as tres horas de duración xa que as relatoras facían intervir constantemente ás/os alumnas/os co obxecto de pulsar as súas inquietudes ante esta inminente proba á que terán que enfrontarse nun futuro inmediato. |