Salón Internacional do Estudiante e da Oferta Educativa
A pasada semana, do 2 ao 6 de marzo, unha representación do CIFP Politécnico de Santiago participou, invitado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, no Salón Internacional do Estudiante e da Oferta Educativa (Aula 2022).
Esta delegación composta por 4 alumnas, 2 alumnos, unha profesora e 5 profesores; colaboraron na difusión das ensinanzas de Formación Profesional entre as máis de 115.000 persoas que asistiron ao salón. Nomeadamente desenvolveron demostracións prácticas e reais dalgúnhas das actividades que se desenvolven en ciclos formativos de formación profesional como:
- O paletizado con cobot
- O telecontrol e telemando dun centro de transformación
- O cultivo in-vitro de plantas
- O manexo dun microscópio electrónico de barrido
- Impresión 3d con impresora xigante cartesiana
- Impresión 3D con chocolate
O stand contou coa visita da Ministra de Educación e Formación Profesional: Dna. Pilar Alegría; da Secretaria Xeral de Formación Profesional: Clara Sanz; así como do Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación da Formación Profesional: Domingo Antón Rodríguez; cos que, tanto o alumnado como profesorado do noso centro, tiveron ocasión de departir e de dar a coñecer as actividades e labor que desenvolven.
Conscientes da importancia que ten para a nosa comunidade educativa, e para a FP en xeral, o feito de participar neste tipo de eventos; desde a Dirección do centro queremos recoñecer e agradecer o esforzo, sacrificio e compromiso que as alumnas, alumnos, profesora e profesores participantes demostraron na preparación e desenvolvemento do salón. Parabéns a todas e a todos.
Imaxes: https://www.todofp.es/inicio.html