Pulido profesional
Formación técnica en corrección de defectos na área de Carrozaría e Automoción
O pasado 10 de febreiro, o alumnado de 2º CM de Carrozaría e 2º CS de Automoción participou nunha formación especializada sobre técnicas de pulido e corrección de defectos en superficies pintadas. A sesión foi impartida por Álvaro Gómez, da empresa Car Repair System, quen abordou tanto os fundamentos teóricos como a demostración práctica de procesos de abrillantado, eliminación de marcas, control de espesores e optimización dos acabados.
A actividade permitiu ao alumnado coñecer produtos, ferramentas e procedementos profesionais empregados no sector da reparación de vehículos, reforzando así a súa competencia técnica e a conexión coa realidade empresarial.
Queremos expresar o noso agradecemento a Car Repair System pola súa colaboración e pola disposición a compartir coñecemento especializado co noso alumnado.