Programas Internacionais 2022/2023
"Prazas mobilidade Erasmus+ para profesorado e persoal adscrito ó centro"
Mediante as mobilidades procúrase que o persoal do centro poida obter coñecemento directo de como funcionan outros sistemas educativos en países asociados ó programa Erasmus+, así como a posibilidade de adquirir novas destrezas mediante a realización de cursos ou estadías en empresas e/ou institucións.
Os tipos de estadía máis común son:
- Jobshadowing: Estadía nun centro educativo de formación profesional acompañando ó profesorado do centro de acollida nas súas labores docentes.
- Estadías en empresas e/ou institucións: Este tipo de mobilidade permite visitar empresas ou asociacións tipo clúster.
- Asistencia a xornadas de formación específicamente financiadas con cargo a programas KA1 (os nosos proxectos Erasmus+ están dentro desta categoría).
- Realización de cursos no estranxeiro certificables dentro das iniciativas KA1.
Á espera da concesión de novas prazas para mobilidades de profesorado e persoal que se resolverán a finais de xuño, a día de hoxe hai disponibles as seguintes prazas:
*Esta praza está pendiente de que se amplíe a duración do proxecto.
Para solicitar una mobilidade de profesorado procederase, una vez identificado na páxina web do centro, mediante o envío do seguinte Formulario.
O Criterio de selección que se seguirá é o que se recolle nesta ligazón. O baremo aplicarase en caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas.
A maiores de perseguir a formación continua no profesorado e do persoal do centro, as mobilidades dentro das accións KA1, son fundamentais para colaborar nos obxectivos de internacionalización do Centro.
A mobilidade non remata cando se retorna ó Centro, a mobilidade pretende ser nexo de unión de futuras mobilidades, xa sexan saíntes ou entrantes, tanto de profesorado coma de alumnado. Case tan importante coma a experiencia enriquecedora a título persoal, cando se leva a cabo unha mobilidade estase a plantar una semente ó establecer un vínculo no estranxeiro.
Un dos obxectivos que se recollen no programa Erasmus+ é que se poidan establecer vínculos entre membros de países asociados ó Programa, de tal xeito que se fomente un sentimento de pertenza ó proxecto da Unión Europea. Malia seren de diferentes países, culturas ou costumes, todo se amalgama nunha unidade porque compartimos una mesma cidadanía Europea.
Que supón participar nunha mobilidade dentro dos programas KA1 do centro?
- Outorgarase unha axuda para a mobilidade de 5 días máis 2 de viaxe (duración normal)
- A axuda variará en función da duración do país e a distancia
- Con anterioridade ó comezo da mobilidade percibirase o 80% da axuda e o 20% tras a finalización.
Que obrigas se contraen?
- O persoal do Centro que realice unha mobilidade asinará un convenio no que se especifican as cláusulas de participación.
- Dentro das obrigas que se recollen non convenio pódense destacar, entre outras, a:
- Elaboración dunha pequena memoria da estadía.
- Aportación de material videográfico para a súa publicación na web do centro. Este material está destinado á difusión do Programa Erasmus+ (tal e como se recolle nas cartas VET e ECHE).
O incumprimento do convenio suporá a devolución íntegra das cantidades abonadas con cargo ó programa Erasmus+.
Máis información: http://sepie.es/index.html
Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á presentación da oferta de prazas (12 de maio):