Programa Empresa Familiar nas Aulas
📚🔧 Empresa Familiar nas Aulas no CIFP Politécnico de Santiago.
Esta semana, un grupo de 60 estudantes do noso centro participou nunha visita guiada ás instalacións da multinacional padronesa #Cortizo, unha actividade enmarcada no programa “Empresa Familiar en las Aulas”, organizada pola Asociación Gallega de la Empresa Familiar (AGEF) en colaboración con Afundación Obra Social ABANCA.
O alumnado tivo a oportunidade de coñecer de preto o funcionamento real dunha empresa familiar da nosa contorna, hoxe referente mundial no deseño e fabricación de solucións de aluminio e PVC para os sectores industriais e a arquitectura. 🏗️🌐
💡 Unha experiencia formativa integral: A visita completouse coa charla de sensibilización sobre emprendemento e empresa familiar que o director de comunicación de Cortizo, Alberto Freire, impartiu previamente no Politécnico.
Durante a súa intervención, explicou:
• A traxectoria internacional da empresa: Un grupo que conta con 9 instalacións produtivas e unha trintena de centros loxísticos. 🚛
• O Ciclo de produción completo: Desde a fundición e extrusión ata o lacado, mecanizado e distribución final.
• Sostibilidade: A estratexia de circularidade e a firme aposta pola redución da pegada de carbono vinculada á súa actividade industrial. 🌱
Esta iniciativa achega ao noso alumnado á realidade do tecido empresarial galego, fomentando o espírito emprendedor e o coñecemento dun modelo de éxito global con raíces locais.