Ir o contido principal

Prácticas no grupo Renault

O grupo Renault busca estudantes de FP nas diferentes especialidades relacionadas coa automoción para brindarlles a oportunidade de aprender dos mellores profesionais do sector. 

Os estudantes poderán aplicar a máis de 200 prazas repartidas por España (Galicia, Madrid, Andalucía, Comunidade Valenciana, Cataluña, Asturias, Canarias...) que comezarán en marzo de 2024, cunha duración de 9 meses, unha axuda ao estudo de 300 €/mensuais e posibilidades reais de incorporación con contrato tras finalizar as prácticas. 

Entra en Talentoteca e descobre toda a información sobre esta oportunidade única: 

NOTA: Engade Galicia ao buscador para acceder ás prazas que se ofertan na nosa comunidade autónoma.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais