PLAN PROXECTA. Visita ao Laboratorio de Medioambiente de Galicia!
O alumnado de 1CM Operacións de Laboratorio e 2CS Laboratorio de Análise e Control de Calidade do CIFP Politécnico de Santiago participou, o pasado 7 de marzo, nunha saída didáctica dentro do Plan Proxecta "Protexe o teu medio".
Visitamos o Laboratorio de Medioambiente de Galicia, en Lourizán (Pontevedra), onde coñecemos o traballo de análise e control ambiental.
De regreso, fixemos unha parada no Pazo de Baión, actual bodega de Condes de Albarei, en Vilagarcía, onde sacamos esta fantástica foto de grupo, rodeados dun entorno espectacular!
Unha experiencia enriquecedora que nos axuda a conectar coa realidade da nosa profesión!