Ir o contido principal

Plan EduEmprende: Programa TalenTop


🔨 O talento non só se ten, ¡tamén se adestra! 🚀

O pasado 4 de marzo, o noso centro acolleu a formación do Programa #TalenTop, unha iniciativa clave dentro do Plan #EduEmprende_26 para impulsar o potencial do alumnado de FP Básica.

A través desta "Aceleradora de Talento", os nosos mozos e mozas de 1º FPB CARMO traballaron en:

• Multiplicar oportunidades: Sensibilizándose sobre a importancia de adestrar habilidades que marquen a diferenza.
• Fortalecer o perfil laboral: Desenvolvendo capacidades fundamentais para acceder e progresar con éxito no mercado de traballo.
• Creatividade e Emprendemento: Aprendendo a xerar ideas innovadoras, buscar solucións e mellorar a súa capacidade de persuasión.

No CIFP Politécnico de Santiago cremos no voso potencial. Apostamos por darvos as ferramentas necesarias para que emprendades o voso camiño ao éxito desde as aulas. ¡O voso talento non ten límites! 💡✨

Redes sociais