Parabéns á xuventude emprendedora!
O venres, 4 de outubro, tivemos a honra de acoller no CIFP Politécnico de Santiago a entrega de premios do certame Atrévete a ter unha idea, unha iniciativa enmarcada no Programa Eduemprende convocado pola Dirección Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia, que fomenta a creatividade e o espírito emprendedor entre os estudantes de Primaria e Secundaria.
O acto estivo presidido polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, quen destacou a calidade dos proxectos premiados e animou a toda a comunidade educativa a seguir impulsando o emprendemento nas aulas.
Entre as ideas galardoadas, atópanse proxectos innovadores como empresas de alugueiro de bicicletas eléctricas, unha máquina expendedora adaptada para persoas con mobilidade reducida e lentes que cargan dispositivos con enerxía solar, entre outros.
Felicitamos a todos os galardoados polas súas ideas innovadoras!