Orientación Laboral e Emprendemento
"I Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento"
A semana do 23 ao 27 de xaneiro, o departamento de FOL do noso CIFP organizou as I Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento para favorecer a formación e contribuír a adquisición de ferramentas que axuden ao alumando a atopar un traballo ou emprender un proxecto empresarial como complemento aos contidos desenvolvidos nas aulas.
De xeito breve, as actividades foron as seguintes:
- Obradoiro de Emprendemento baixo a fórmula de Cooperativa
- Técnicas de procura de emprego
- Charla e debate con representantes sindicais
- Obradoiro de Primeiros Auxilios
- Entrevistas de traballo
- Obradoiro de financiamento na Economía Social
- Mercado oculto e procura de emprego
- Charla sobre motivación: "Namórate do que fas" con David Amor