Olimpíadas da FP
Eles son os novos talentos locais descubertos nas olimpíadas da FP: «É unha confirmación de que vou polo bo camiño»
A finais de outubro celebrouse en Silleda unha nova edición das olimpíadas da Formación Profesional de Galicia, as GaliciaSkills. Máis de 240 alumnos e alumnas de 76 centros participaron nesta competición que selecciona aos mellores en cada especialidade para representaren a Galicia na fase estatal. O balance para a comarca foi extraordinario: once estudantes de Santiago, Padrón e Arzúa acadaron cinco medallas de ouro e seis de prata. A maioría destes recoñecementos recaeron no alumnado do CIFP Compostela e do Politécnico de Santiago, consolidando o traballo e o nivel de excelencia da nosa FP.
Fonte: Patricia Calveiro (La Voz de Galicia)
Fotografías: Paco Rodríguez / Sandra Alonso