Obradoiro de emprendemento
Emprender é soñar. ✨🚀 Apúntaste?
O noso alumnado de 1º CS Mecatrónica Industrial participou no Programa "Empresa Familiar en las Aulas", mergullándose nun "Obradoiro de emprendemento tecnolóxico con impacto social". 🌍💻
Durante a xornada, os estudantes exploraron como a tecnoloxía pode ser a ferramenta clave para solucionar problemas reais da nosa contorna. Pero a cousa non queda aquí! Agora teñen a oportunidade de presentar as súas propostas ao concurso: "Emprender es soñar. ¿Te atreves?" 🏆🙌
Grazas ao persoal técnico de @vermislab pola impartición desta sesión de #DesignThinking, onde a creatividade e a innovación foron as protagonistas.
Este programa é posible grazas á organización da Asociación Gallega de la Empresa Familiar (AGEF) en colaboración con @afundacion_org Obra Social #ABANCA.
Dende o CIFP Politécnico de Santiago seguimos apostando por espertar a vocación emprendedora e o compromiso social entre os máis mozos. Imos a por todas! 💪🔥