Ir o contido principal

O Politécnico reina no concurso Eduemprende Idea

Xa coñecemos os proxectos premiados no concurso Eduemprende Idea 2024, unha iniciativa da Xunta que promove a realización de traballos empresariais no ámbito escolar.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración facendo públicos os cinco centros galegos premiados.

Destaca o CIFP Politécnico de Santiago, que recibiu dúas distincións. Xunto ao da capital galega, recibiron galardóns outros catro centros: o IES A Guía, de Vigo; o CIFP Fontecarmoa, de Vilagarcía de Arousa; o CIFP Paseo das Pontes, da Coruña; e o Portovello, de Ourense.

Fonte: El Correo Gallego

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais