Ir o contido principal

O noso proxecto de innovación sobre a recuperación da gaita porteña na radio

Traémosvos unha conversa arredor da recuperación da gaita porteña, un proxecto de innovación galego-arxentino, desenvolvido polo noso centro e dado a coñecer por Daniel Pazos desde o programa ABC de Buenos Aires, número 215.

Este traballo científico permite reconstruír como eran as gaitas fabricadas en Buenos Aires, coas súas características chaves tan recoñecibles, e supón unha homenaxe a todos os gaiteiros da emigración, especialmente a Manuel Dopazo e a tantos outros.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais