Ir o contido principal

O CIFP Politécnico de Santiago en FP Innova 2025!

Do 26 ao 28 de marzo estivemos presentes en FP Innova, o evento de referencia da Formación Profesional en Galicia, no que converxen a innovación, o emprendemento, a formación e o contacto co tecido empresarial.

Queremos dar as GRAZAS a todo o profesorado, alumnado e persoas colaboradoras que fixeron posible a nosa participación, e tamén a tod@s s que vos achegastes aos nosos stands!

Estas foron as nosas propostas:

"Recuperación e atemperado da gaita porteña e outras gaitas de chaves galegas", en colaboración coa EASD Mestre Mateo de Santiago (@easdmestremateo) galardonado na última convocatoria dos “Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP”, convocados pola Dirección Xeral de FP.

"Innovación no sector da Química", proxecto centrado na economía circular e na transición enerxética a través de dúas liñas de traballo: Obtención de hidróxeno verde a partir de augas residuais e reciclaxe de polímeros para crear novos materiais sostibles.

"Plantas in Vitro" (@plantasinvitro_oficial ), unha idea de negocio desenvolvida por un exalumno do noso centro e posta en práctica desde o noso Viveiro de empresas.

Seguimos apostando por unha FP con futuro!

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais