O alumnado de Química estrea os novos laboratorios do CIFP Politécnico de Santiago
Coincidindo co inicio das primeiras clases tras a reforma das instalacións, o noso alumnado da Familia Profesional de Química xa está a utilizar os novos laboratorios, espazos modernos e innovadores que reproducen un contorno profesional real, froito das actuacións do Plan de Modernización da FP Galega.
Nesta xornada, tivemos a honra de recibir a visita do Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e da Directora Xeral de FP, Eugenia Pérez, que quixeron coñecer de primeira man estas instalacións de vangarda e compartir impresións co profesorado e co alumnado.
No CIFP Politécnico de Santiago seguimos comprometidos en ofrecer a nosa comunidade educativa as mellores condicións para a aprendizaxe, formando o talento do futuro con recursos adaptados ás esixencias do mundo laboral.