Nova convocatoria para o programa InnovaTech FP 2025!
Xa está dispoñible a nova edición de InnovaTech FP 2025, un programa que desafía ao alumnado de FP a resolver 20 retos tecnolóxicos formulados por empresas de prestixio, co fin de fomentar a innovación e o emprendemento industrial entre o alumnado de FP.
Quen pode participar?
Estudantes de FP matriculados en centros públicos e persoas tituladas nestas ensinanzas nos últimos dous anos. A participación realizarase en equipos de 4 membros que deberán ser mixtos en canto ao xénero das persoas integrantes, valorándose positivamente a paridade. Os equipos poden incluír estudantes de distintos cursos, ciclos ou centros.
Coordinación dos equipos:
Cada equipo contará cunha persoa docente coordinadora. Para os equipos formados por estudantes de varios centros, poderán asignarse ata dúas persoas coordinadoras de centros distintos.
Certificación:
- O alumnado participante recibirá un diploma acreditativo polo traballo e a formación realizada
- O profesorado coordinador obterá unha certificación de innovación educativa, recoñecida con 20 horas de formación permanente -se o equipo remata a primeira fase do pograma-, e con ata 30 horas -se o equipo alcanza a segunda fase-
Prazo de inscrición: do 14 ao 29 de novembro.
Non perdas esta oportunidade de traballar con empresas reais e desenvolver habilidades en innovación e emprendemento!
Consulta aquí todos os detalles e os retos a resolver:
www.edu.xunta.gal/fp/innovatech-fp
www.cgifp.gal/innovaTechFP
+ info: CIFP Politécncico de Santiago - Coordinación de Emprendemento emprendemento.cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.gal