Aulas de Emprendemento


Aulas de Emprendemento: Empoderamento en técnicas de edición dixital de imaxe como apoio ás actividades de emprendemento

Alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Laboratorio de análise e de control de calidade participou os días 16, 22 e 30 de outubro na Aula Multimedia do centro na actividade formativa “Empoderamento en técnicas de edición dixital de imaxe como apoio ás actividades de emprendemento”, cunha duración de quince horas.

O curso impartido polo experto José Patiño López consistiu en adquirir a formación sobre a edición e tratamento dixital da imaxe con distintos programas de software libre: o IRFANVIEW, GIMP, INSKAPE, CLEANPICTURE, SAMBASIC PDF. Os obxectivos traballados neses días foron os de obter ferramentas para poder presentar traballos, currículos, ideas de empresas ou innovadoras cun mínimo de calidade de imaxe e que puideran transmitir a mensaxe de forma idónea.

Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector da automoción. Asistiron 10 alumn@s e 5 profesores do centro da familia de químicq.

Esta acción se desenvolve dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é cofinanciada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional y pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.

Share this post