Ir o contido principal

Letras Galegas 2024


Celebración do Día das Letras Galegas homenaxeando a Luísa Villalta!

No salón de actos do Politécnico de Santiago , tivemos a honra de presenciar a adaptación teatral da súa obra "Concerto para un home só". 

A representación correu a cargo do Grupo de Teatro CIFP Politécnico de Santiago, formado por profesores e profesoras dos Departamentos de Electricidade e Electrónica, Química, Madeira e Fabricación Mecánica e estivo dirixida maxistralmente pola nosa compañeira Edita Álvarez. 

O evento acadou unha fantástica acollida entre o numeroso público asistente, composto por alumnado e profesorado do Politécnico de Santiago, demostrando unha vez máis o compromiso da nosa comunidade educativa coa cultura galega. 

Grazas a todos por compartir connosco esta xornada inesquecible!

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais