Lecer responsable
Charlas da Policía Local sobre lecer nocturno
O CIFP Politécnico de Santiago contou coa colaboración da Policía Local de Santiago para a impartición de varias charlas dirixidas ao alumnado de distintos ciclos formativos, centradas na prevención e na concienciación sobre o lecer nocturno.
As sesións tiveron lugar os días martes 3, mércores 4 e xoves 5 de febreiro, no salón de actos do centro, e abordaron aspectos relacionados coa normativa municipal e estatal e coas infraccións máis habituais no espazo público, como o consumo de alcohol na rúa, as molestias por ruídos ou outras condutas incívicas, así como os riscos asociados a determinadas prácticas de ocio nocturno.
Esta iniciativa formativa permitiu achegar ao alumnado información clara e directa sobre as consecuencias legais e sociais destas condutas, contribuíndo a fomentar actitudes responsables e unha mellor convivencia cidadá.
Dende o CIFP Politécnico de Santiago agradecemos á Policía Local a súa colaboración e disposición para o desenvolvemento desta actividade formativa.