Ir o contido principal

Red Labora


Red Labora: Eu emprendo

Alumnado de 2º curso dos Ciclos Superiores do centro participou no Salón de actos na actividade formativa “Red Labora. Eu emprendo” os días 10 novembro nunha sesión de mañá e 15 de novembro nunha sesión de tarde. Esta formación realizouse en colaboración coa Red Labora, que desenvolve estas actividades en todo o territorio galego.

Durante estas sesións a ponente Valle Marcos García-Conde achegou á alumnado aos temas do plan de empresa, expoñendo as distintas partes que o conforman e o contido de cada unha delas, para facilitar ao alumnado o desenvolvemento do seu propio plan de empresa.

Esta actividade encádrase no programa de ACF organizado polo departamento de FOL e ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais