Ir o contido principal

Unha nova aplicación no CIFP Politécnico de Santiago

O Centro integrado de formación profesional Politécnico de Santiago formará técnicos en electricidade e electrónica para a industria 4.0 ­-a que combina as técnicas máis avanzadas de produción e operacións con tecnoloxías intelixentes que se integrarán nas organizacións, as persoas e os activos- cunha aplicación didáctica intelixente para control eléctrico que acaba de instalar. Esta semana presentou as súas posibilidades no congreso FP Innova, no Gaiás, onde suscitou enorme interese. Ademais de orientarse para formar ao seu alumnado, esta tecnoloxía estará dispoñible para ser utilizada por outros centros de FP galegos que impartan electricidade e electrónica, e abrirase así mesmo para as empresas, avanzan os profesores José Luís García e José María Campa.

Fonte: Joel Gómez (La Voz de Galicia)
Fotografía: Sandra Alonso

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais