Alta tasa de empregabilidade na FP
A Formación Profesional (FP) ten en Galicia unha ocupación próxima ao 80 %. A dual, que compaxina o currículo nun centro educativo e unha empresa, supera o 90 % e alcanzan o pleno emprego en moitos ciclos, afirma Manuel Corredoira, director xeral de FP da Xunta. En Santiago, segundo datos dos centros públicos, un 40% de quen consegue o título traballan e outro 40 % continúan estudos.
Joel Gómez
Fotografía: Sandra Alonso