IV Xornadas OLE
Remataron as IV Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento!
O pasado 10 de novembro puxemos o broche final a uns días cheos de aprendizaxe, experiencias e inspiración no noso centro.
Queremos dar as grazas a todo o alumnado, profesorado e poñentes por facer posible esta enriquecedora experiencia!
Ao longo destas xornadas o noso alumnado participou en diferentes actividades formativas, entre as que destacamos:
- Obradoiros de Primeiros Auxilios e RCP, para mellorar as habilidades de resposta ante situacións de emerxencia.
- Obradoiro de Autocoñecemento e DAFO Persoal para o alumnado de 1º curso, e taller de Marca Persoal, LinkedIn e outros canles de busca de emprego para o alumnado de 2º curso.
- Obradoiro de CV e entrevista de traballo, cun proceso de selección “en vivo e en directo”.
- Obradoiros sobre Soft Skills e Marca Persoal, para desenvolver competencias clave e prepararse para o primeiro emprego.
- Formación en Marketing Online, para coñecer as últimas tendencias e ferramentas dixitais no ámbito profesional.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes destas xornadas
💬 Grazas a todos e todas por participar e facer destas IV Xornadas unha experiencia inesquecible!