Ir o contido principal

IV Encontro Cibergal

O pasado 6 e 7 de Novembro celebrouse na Cidade da Cultura o IV Encontro Galego de Ciberseguridade "Ciber.gal" que contou ca participación o noso compañeiro Carlos Blanco Arca da familia de Electricidade e Electrónica, quen participou cun taller práctico "Nmap en contornos industriais" e dentro dos Espazos Técnicos de Exposición co proxecto "Deseño de aplicación Web sobre raspberry pi para a xestión de alertas de Snort".

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais