Ir o contido principal

InnovaTechFP 25-26


Arranca a formación Design Thinking do INNOVATECH FP 2026 no CIFP Politécnico de Santiago 

O pasado venres, 9 de xaneiro, deu comezo no CIFP Politécnico de Santiago o primeiro bloque formativo de INNOVATECH FP 2026, centrado na metodoloxía de Design Thinking, no que participarán máis de 1.000 estudantes da FP galega.

O acto inaugural contou coa presenza da Directora Xeral de FP, Eugenia Pérez Fernández. Nesta primeira fase, que se desenvolverá en  8 centros repartidos por toda Galicia, o alumnado aprenderá a identificar necesidades reais, xerar ideas e deseñar solucións innovadoras mediante unha metodoloxía práctica e colaborativa: pensar, crear e prototipar poñendo ás persoas no centro.

Formación, innovación e talento para construír o futuro da FP.

Redes sociais