INNOVATECH_FP 2025
Chegamos á recta final!
O alumnado do CIFP Politécnico de Santiago participou hoxe, 10 de xuño, nas Xornadas de Exposición ante o xurado, presentando as súas solucións aos retos formulados polo Grupo Pérez Rumbao e pola empresa Quescrem.
Para nós foi, sen dúbida, unha xornada cargada de emocións e nervios, pero, sobre todo, de orgullo polo excelente traballo desenvolvido polo noso alumnado e polo profesorado encargado da coordinación dos equipos: Sergio Varela Alende, ao fronte do reto proposto por Pérez Rumbao, e Pilar Midón Martínez, liderando a proposta vinculada a Quescrem.
O vindeiro martes 17 de xuño volveremos atoparnos na gala final, onde se darán a coñecer os proxectos gañadores desta segunda edición do programa INNOVATECH_FP.
Moita sorte a todas e todos os participantes!
#InnovatechFP2025 #CIFPPolitécnicodeSantiago #InnovatechFP #FPGalega #FPGalicia #CGIFPEduardoBarreiros