InnovaTech 25-26
Nós si que aceptamos o reto!
O pasado 27 de novembro, 13 equipos formados por alumnado e profesorado do CIFP Politécnico de Santiago desprazáronse ata o Palacio de Congresos de Santiago para participar na Xornada de lanzamento de retos InnovaTech FP.
Este ano apostamos forte: 9 dos 20 retos propostos están nas nosas mans… e non temos dúbida de que atoparemos as solucións máis inxeniosas, creativas e eficientes! 🚀🔧💡
Moita sorte a todas e todos os participantes, e grazas ao noso alumnado e profesorado por responder, unha vez máis, con tanta implicación e entusiasmo a esta nova convocatoria do programa InnovaTech FP.
Imos a por todas! 🙌🔥