Ir o contido principal

InnovaTech 25-26


Convocatoria aberta: InnovaTechFP 25-26

O programa InnovaTech FP volve coa súa 3ª edición, desafiando o alumnado de FP a dar resposta a 20 retos tecnolóxicos propostos por empresas de prestixio.

Unha oportunidade única para fomentar a innovación, a creatividade e o emprendemento industrial.

Quen pode participar?
• Alumnado de FP de centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
• Persoas tituladas nos dous últimos cursos nestas ensinanzas.

A participación realizarase en equipos de 4 persoas, que deberán ser mixtos e, preferiblemente, paritarios.
Os equipos poden formarse con alumnado de distintos ciclos, cursos ou centros educativos.

Prazo de solicitude aberto ata o 20 de novembro de 2025.

Consulta toda a información da convocatoria e os retos na web: 
🔗 https://www.edu.xunta.gal/fp/innovatech-fp

Escolle o teu reto, forma equipo e anímate a participar, levando a túa idea máis alá das aulas! "

Redes sociais