III Encontro Galego de Ciberseguridade 2023
O pasado 2 e 3 de Novembro tivo lugar o III Encontro Ciber.gal con máis de 1700 usuarios inscritos e máis de 40 entidades participantes, entre as cales se atopaba o CIFP Politécnico de Santiago representado polo profesor Carlos Blanco Arca e dous ex-alumnos, Moisés Rivadulla Álvarez e Víctor Pérez García, do Curso de Especialización de Ciberseguridade nos entornos das tecnoloxías de operación.
A participación consistiu nun taller de "Instalación e configuración de Snort sobre Raspberry Pi para a detección de intrusións en redes industriais" e dúas exposicións nos espazos técnicos de exposición, unha sobre o mesmo taller impartido e outra de título "Ensaio de Red e Blue en contornos industriais