III Encontro Galego de Ciberseguridade 2023
Os vindeiros días 2 e 3 de novembro terá lugar o III Encontro galego sobre Ciberseguridade no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, no que profesorado dos cursos de especialización en Ciberseguridade dos centros CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Rodolfo Ucha e IES San Clemente impartirá unha serie de obradoiros técnicos. O profesor do Politécnico Carlos Blanco impartirá o obradoiro "Instalación e configuración de Snort sobre Raspberry Pi para a detección de intrusións en redes industriais" (xoves 2 de 10 a 12 h).
Fonte: Portal Educativo Xunta de Galicia