Héctor xa compite nas WorldSkills Shanghai 2026
Héctor Sánchez Bellón inicia a competición nas WorldSkills Shanghai 2026
O noso alumno Héctor Sánchez Bellón afronta hoxe a súa primeira xornada de competición nas WorldSkills Shanghai 2026, representando a España na especialidade de Tecnoloxía do Automóbil (Automobile Technology).
Comezan así catro intensos días de probas nos que Héctor terá que demostrar os seus coñecementos e destrezas no mantemento e diagnóstico de vehículos, competindo con participantes chegados de numerosos países.
Compartimos algunhas imaxes deste primeiro día de competición en Shanghai e desexámoslle moita sorte para as xornadas que aínda ten por diante.