Ir o contido principal

GIRAJóvenes Coca-Cola

GIRAJóvenes Coca-Cola -DESAFÍO FP: ACELERANDO OS RETOS DO FUTURO
(O profesorado como motor de cambio)

O pasado mércores, varios membros do Departamento de FOL participaron nunha xornada inspiradora na Fábrica de Coca-Cola na Coruña, no marco do programa #GIRAJóvenes de Coca-Cola Europacific Partners.

Baixo o lema “Desafío FP: Acelerando os retos do futuro”, reunímonos preto de 50 docentes —na súa maioría, coordinadores/as de emprendemento de centros integrados de FP de toda Galicia— para compartir ideas e estratexias que potencien a empregabilidade do alumnado de Formación Profesional.

O acto estivo presidido pola Directora Xeral de FP, María Eugenia Pérez, quen, xunto coa Subdirectora Xeral de Innovación Profesional, Cristina Lesta, destacou a importancia da colaboración público-privada, a innovación e a orientación como eixes clave da FP galega.

A nosa coordinadora de emprendemento, Mónica Rodríguez Beiro, impartiu a ponencia “Ferramentas dixitais para impulsar as soft skills na aula”, centrada en como integrar a tecnoloxía para traballar estas competencias transversais desde os módulos IPE (Itinerario Persoal para a Empregabilidade).

Desde o CIFP Politécnico de Santiago, queremos agradecer a #GIRAJóvenes e, especialmente, a María Troncoso Calvo (responsable de comunicación no noroeste de España dentro do equipo de Coca-Cola Europacific Partners Iberia) e Gema Domínguez Barral (responsable de comunicación de Coca-Cola Europacific Partners) por convidarnos a esta xornada, que nos anima a seguir impulsando unha FP práctica, innovadora e conectada co futuro.
#GIRAJóvenes #FPGalicia #CIFPPolitécnicoSantiago #eduemprende

Máis información 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais