Ir o contido principal

FP Innova 2025 | Proxectos de emprendemento

Compartimos con vós unha pequena mostra en imaxes da participación de Plantas In Vitro en FP Innova 2025. Trátase dunha empresa situada no noso Viveiro, especializada no deseño e cultivo de plantas en frascos de vidro, combinando biotecnoloxía e sustentabilidade.

Plantas In Vitro é un dos 16 proxectos empresariais presentes nesta feira, impulsados no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, que destacan pola súa aposta pola innovación e o emprendemento.

Foron moitas as persoas que se interesaron por este proxecto, contando ademais coa presenza, na xornada do 28 de marzo, da Directora Xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez Fernández, e da Subdirectora Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo, Cristina Lesta Íñiguez.

Grazas a tod@s os que vos achegastes a coñecer este fantástico proxecto durante estes días, visitando o noso stand e participando nos talleres e sorteos realizados!

Queres saber máis sobre esta iniciativa emprendedora? Visita a web de Plantas In Vitro e as súas redes sociais:
www.plantasinvitro.com |  @plantasinvitro_oficial

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais