Ir o contido principal

Formación Prysmian


Formación especializada en accesorios para cables de media tensión

O CIFP Politécnico de Santiago acolleu recentemente a formación Training Accesorios para Cables MT ata 36 kV, impartida por Rafael García Lombard, Product Manager MV NWC de Prysmian.

Participaron nesta actividade formativa 17 alumnos do 2º curso do ciclo superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados o martes 13 de xaneiro, así como 18 alumnos do 2º curso do ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas o mércores 14 de xaneiro. En ambas as xornadas asistiu tamén profesorado do centro.

Tratábase dunha formación punteira sobre cableado e accesorios de media tensión ata 36 kV, impartida de maneira exclusiva e en primicia para o CIFP Politécnico de Santiago, que permitiu ao alumnado e ao profesorado achegarse a solucións e procedementos actuais do sector.

O CIFP Politécnico de Santiago agradece especialmente a colaboración e a xenerosidade da empresa Prysmian, tanto pola impartición desta formación como pola doazón do material empregado nas prácticas realizadas durante o curso, de grande interese para todas as persoas participantes. O compromiso amosado por Prysmian coa formación técnica resulta clave na transferencia de coñecemento ao noso alumnado e contribúe de maneira directa a mellorar a súa futura inserción laboral.

Redes sociais