FINEXIT: o Escape Room Financeiro chega ao CIFP Politécnico de Santiago!!
Os pasados días 16 e 17 de decembro, o CIFP Politécnico de Santiago foi o escenario de "FINEXIT, o Escape Room Financeiro", unha actividade innovadora financiada pola Fundación Mapfre e organizada por @cienciadivertidaedtech.
O alumnado das diferentes Familias Profesionais ofertadas no noso centro tivo a oportunidade de participar nesta experiencia única, onde puxeron a proba os seus coñecementos en economía e finanzas. Ademais, demostraron as súas habilidades para traballar en equipo e superar desafíos nun contexto educativo dinámico e entretido.
A través desta actividade procuramos acadar os seguintes obxectivos:
- Mellorar as competencias financeiras do alumnado
- Fomentar o traballo en equipo e a súa capacidade de análise
- Disfrutar dunha experiencia lúdica e formativa inesquecible para todos os participantes
Queremos agradecer á @fmapfre por facer posible esta actividade, contribuíndo á formación práctica e innovadora do noso alumnado.