Ferramenta FACOM
Colaboración técnica con Stanley Black & Decker
O CIFP Politécnico de Santiago recibiu unha doazón de oito carros de ferramenta profesional FACOM por parte do grupo Stanley Black & Decker, no marco dunha colaboración educativa que se establece por primeira vez este ano con seis centros de formación profesional de España, entre eles o noso centro.
Esta iniciativa completouse cunha xornada de formación técnica sobre ferramenta, celebrada o pasado mércores 4 de febreiro, na que o alumnado puido coñecer de primeira man as características, o uso axeitado e as aplicacións profesionais deste equipamento.
Dende o CIFP Politécnico de Santiago queremos agradecer expresamente esta colaboración, que contribúe de maneira directa á mellora dos recursos formativos e ao achegamento do alumnado á realidade técnica e profesional do sector.