Ir o contido principal

Fase 2 InnovaTech FP


🚀 Fase 2 InnovaTech FP: De idea a realidade 💡🛠️

Os equipos do CIFP Politécnico de Santiago seguen avanzando no proxecto #InnovaTechFP. Esta vez, a acción trasladouse ao CIFP Universidade Laboral de Culleredo para unha formación intensiva en validación de negocio.

Nesta xornada pasamos das ideas á acción 💥 O gran protagonista foi o Obradoiro de PMV (Produto Mínimo Viable). Aprendemos a estratexia clave: validar proxectos de forma intelixente, aforrando recursos e centrando o esforzo no que realmente importa.

📈 A sesión, que contou coa presenza da directora xeral de FP, Eugenia Pérez, serviunos para reforzar un mantra que xa levamos connosco: "Innovar é solucionar mellor, non só crear".

💡 Prototipado en marcha Esta formación complementouse con obradoiros online de prototipado, a inspiración necesaria para que os nosos equipos dean forma final aos retos nos que compiten 🛠️✨

👏 Orgullosos de ver como o talento do noso centro comeza a coller forma!!

Redes sociais