Escape Room Emprendemento
Hoxe, os equipos do CIFP Politécnico de Santiago seleccionados no proxecto INNOVATECH FP participaron nun divertido Escape Room de Emprendemento.
Ao longo da mañá, os nosos alumnos puxeron en práctica as 5 fases crave da metodoloxía Design Thinking: empatizar, definir, idear, prototipar e testar, conseguindo superar con éxito os desafíos propostos e deixando claro que a creatividade e o enxeño non lles faltaron!
En breve coñeceremos os equipos gañadores, pero desde logo, a participación valeu a pena! Moita sorte a todos!"