Ir o contido principal

Entrega de premios no Politécnico

Un total de 83 alumnos de 10 centros de ensino foron premiados onte no certame Atrévete a ter unha idea, unha iniciativa da Xunta de Galicia que promove desde hai unha década o emprendemento entre os escolares. A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, felicitounos esta mañá no marco da entrega de galardóns, que se celebrou no Centro integrado de FP Politécnico de Santiago.

Fonte: Portal Educativo Xunta de Galicia

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais