Enerxía Renovable
O CIFP Politécnico de Santiago destaca nesta reportaxe como un dos centros galegos que forman o persoal técnico esencial para a transición enerxética. O profesor José Luis García García, do departamento de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados, subliña que o alumnado aprende a instalar, revisar e manter redes eléctricas e parques eólicos, convertendo a FP nunha vía directa ao emprego. Reivindica tamén a necesidade de incorporar máis mulleres ao sector e salienta a colaboración con entidades como a Fundación Naturgy, que actualizan o profesorado nas novas tecnoloxías enerxéticas.
Fonte: Galicia Confidencial