Ir o contido principal

Encontros na Zona USC


Encontros virtuais o 6, 7 e 8 de abril de 2020

Que non poidas visitala en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

Pero para que poidas mergullarte neste pequeno cosmos universitario, neste Encontro desafiarémosche con retos e poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade. 

Esperamos que este sexa o primeiro paso dunha nova experiencia vital. Adiante, asómate, pasa, investiga, toca, experimenta, pregunta… somos Zona USC.

Acceso á páxina de Encontros na Zona USC

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais