Ir o contido principal

Emprender en cooperativa


🤝 EMPRENDER EN COOPERATIVA: OUTRA FORMA DE CONSTRUIR FUTURO! 💡✨

Como se emprende en cooperativa? Que oportunidades ofrece este modelo? E que experiencias reais hai detrás del?
O noso alumnado puido descubrir as respostas nas charlas «E ti, coñeces a fórmula?», organizadas por @espazocoop en colaboración co @concellodesantiagodecompostela, os días 5, 6 e 9 de outubro.

🌱 A través de experiencias reais de emprendemento, achegámonos a un modelo empresarial baseado na colaboración, na participación e no compromiso colectivo, que abre novas posibilidades para acceder ao emprego e poñer en marcha proxectos propios.

🎨🛠️ Nesta iniciativa contamos coa participación de  @agalterra (consultoría ambiental), @creativasgalegas, Mecanigal S. Coop. Galega e persoal técnico de EspazoCoop, que compartiron co noso alumnado os seus coñecementos e experiencias.

👏 Grazas a todas as entidades colaboradoras por achegar o cooperativismo ás nosas aulas e amosar que emprender tamén é sumar talento, compartir ideas e avanzar en equipo!

ℹ️Actividade realizada no marco do Convenio de Colaboración 2026 entre o Concello de Santiago de Compostela, a través do programa municipal Feito en Santiago, e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.

Redes sociais