Aulas de Emprendemento


Aulas de Emprendemento: Innovación e emprendemento sobre a protección dos fabricados metálicos contra a corrosión mediante galvanizado

Alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Construcións metálicas e de 2º do Ciclo Medio de Soldadura e caldeiraría participou o día 13 de decembro nas instalacións da empresa RETSA II na actividade formativa “Innovación e emprendemento sobre a protección dos fabricados metálicos contra a corrosión mediante galvanizado”, cunha duración de seis horas.

Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector da fabricación mecánica. Asistiron 33 alumn@s do centro da familia de fabricación mecánica.

Esta acción desenvólvese dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é cofinanciada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional y pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.

Share this post