Ir o contido principal

EMPRENDEMENTO: Visita á biofactoría de Reza


Aulas de Emprendemento: Visita á biofactoría de Reza, en Ourense - Aplicación de tecnoloxía innovadora no arranxo de tubaxes sen gabia

Queremos compartir con vós a visita do noso alumnado de 1º de CM de Redes e Estacións de Tratamento de Augas (DUAL) á Biofactoría de Reza e a experiencia formativa na aplicación da tecnoloxía innovadora no arranxo de tubaxes sen gabia. Durante a xornada os alumnos/as coñeceron as características dunha planta depuradora innovadora e as súas diferenzas con respecto ás plantas tradicionais e descubriron as posibilidades do uso das augas residuais para producir combustibles e a importancia da revalorización dos lodos xerados para uso agrícola. 

Tamén tiveron a oportunidade de coñecer as últimas tecnoloxías no arranxo de tubaxes sen gabia e explorar vías alternativas de emprendemento para técnicas/os en montaxe e mantemento de redes de auga. 

Dende o CIFP Politécnico de Santiago queremos agradecer a colaboración de María Sánchez ( Xefa de planta e poñente da actividade na Biofactoría de Reza), Francisco Bretal (Responsable de operacións de Ourense e poñente da actividade de arranxo de tubaxes sen gabias), así como dos Técnicos da rede de saneamento de VIAQUA que participaron nesta acción formativa. 

Data realización: 20 de marzo de 2024

Gasto financiado por el Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes y por la Unión Europea-Next GenerationEU (Reparto 2023), Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia."

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais